Páginas

lunes, 19 de diciembre de 2011

MUSICA - GRUPOS LOCALES - ULTRÄQÄNS


                                    
                                                 ULTRÄQÄNS EN DIRECTO


Bio

Estilo: Música frenética para festa Música retrovangardística. Steampunk. Speed-folc. Psicodelia enxebre. Banda de catro patas e rabo. Os Ulträqäns fabrican un punk-folk de ciencia ficción, frenético e rotundo, que soa familiar aos ouvidos educados nas tabernas pero nos que os sintetizadores e as bases rítmicas do funk e do ska están presentes ao longo do seu potente directo. Os Ulträqäns naceron coa idea de darlle outra volta ao parafuso da música do novo milenio, forxando un son orixinal e non catalogábel, pero que dan ao tempo coa fórmula de provocar o baile intenso no seu público. Cinco experimentados músicos inzados de retranca e bo humor que só queren xolda, paixón e frenesí. Ulträqäns é un choco metaloplástico que se propulsa batendo nas moléculas con furia zoupadora de varios quilo-estalos. Que o desfruten. Chipirixouba! O disco de Ulträqäns sae en abril do 2011. Ulträqäns son: Aarón Bouzón: frauta travesa, Ewi4000s, whistles e gaita Antón Díaz: voz, baixo e contrabaixo eléctricos Fran Amil: batería Tino Vilaro: guitarra Tomás Saiz: acordeón piano.

Influencias

calimotxo, matraquillo a oito mans con nicotina, e sobre todo moita festa. ...... 

  • Suena como

    Minha naicinha!!
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario